jueves, 10 de marzo de 2011

Maioria de Idade


A obtención da maioría de idade ou capacidade de obrar dos menores en España viuse modificada nos últimos anos no referente a diferentes aspectos do Dereito, fortalecéndose no ámbito da saúde e seguridade e adquirindo maior permisividade en campos como a autonomía sexual.

Nestes momentos parece que se quixera acurtar a infancia dos rapaces e rapazas de hoxe en día e chegar por una vía máis curta á madurez xa que os nosos nenos e nenas teñen maior facilidade para contactar con "informacións para adultos" en calquera dos medios de comunciación e, ó mesmo tempo, parece que se lles quixese protexer de ditas informacións pola súa suceptibilidade, por exemplo por medio da publicidade.

Todo o anterior reflíctese nas modificacións do ano 2008 do reglamento xeral de conductores que, por motivos de seguridade fíxose máis restrictiva, entrou en vigor no 2010 pola que para conducir un ciclomotor requírese ter 15 anos e non 14 e para o transporte de pasaxeiros 18 anos e non 16. Outra modificación que reflicte a maior protección da saúde e seguridade do menor son ás dos anos 2005 referente o tabaco e 2006 referente o alcohol e entrada a discotecas, pubs, salas de festas, etc que non sexan adecuadas a súa idade e nun horario de 18 a 22h.

Referente á autonomía sexual, considérase a un menor capaz de otorgar consentimento para manter relacións sexuais ós 13 anos según o establecido no Código Penal e otórgaselle ós 16 a maioría de idade sanitaria pola cal unha rapaza poderá pedir unha píldora, pero non abortar e no caso de que os pais non estean dacordo ca suministración de dito fármaco poderán denunciar ó medico que llo suministrou a súa filla menor de idade, por outro lado, se non lla suministra por motivos distintos a obxección de conciencia poderá ser denunciado por negación de asistencia sanitaria nacendo, de éste modo, un dilema de gran relevancia. Atopamos outro problema neste ámbito en relación co secreto profesional no caso de que a propia rapaza pida que os seus pais non sexan informados sendo ésta menor de idade e estando, polo tanto, baixo a tutela dos seus pais.

En canto a nosa opinión, a maioría de idade é relativa, debería non terse tan en conta a idade, e clasificar as personas en maiores ou menores de idade dependendo da sua madurez ou inmadurez. Pero isto, sería se non imposible, moi dificultoso, xa que requeriría un seguimento individual de cada persoa, podendo cometer equivocacións. Por iso, dita maioría de idade cremos que está ben situada nos 18 anos, pero que debería ser requerida tamén para outros ámbitos como o alcohol, conducir ciclomotores, casarse..etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario